Aproveitando un fin de semana con un tempo fantástico, o domingo xuntamonos as 11'00 horas en Vilar de Donas, e saimos os habituales, con rumbo a Portos, A casanova, ligonde, a partires de ahí, andivemos por camiños que para nos eran novos, na zona da forestal de ligonde en dirección O marco, onde xantamos. A volta viñemos a Ximonde, nesta aldea collemos un camiño que impresionaba, parecía que eramos os primeiros que pasabamos por el nos últimos 50 anos, é pese a todo, estaba transitable. Unha ledicia. Saimos a Portos, a Vilar de Donas, é cada un para a sua cada. O domingo acabouso. subo unhas fotos, en honor a Damián, que facía tempo que non se deixaba ver.
A Asociación de Cabaleiros da Ulloa, está constituída por xente relacionada cos cabalos, nos concellos de Palas de Rei, Monterroso e Antas de Ulla. Pretendemos ampliar a nosa presencia, e organizar actos que fomenten as actividades ecuestres, así como a sua afición na Comarca, promovendo ademáis a conservación das costumes que son parte importante do noso patrimonio cultural.
lunes, 21 de marzo de 2011
ruta domingo 20 de marzo
Etiquetas:
A Ulloa,
camiño,
ruta a cabalo
martes, 15 de marzo de 2011
video da Ulloa
video da ulloa,( Palas de Rei, Antas de Ulla é Monterroso) unha das comarcas do interior da provincia de Lugo, lindante coas provincias de Coruña e Pontevedra, coñecida por a sua actividade gandeira, a sua producción láctea, é por ser parte importante do Camiño Frances, así como tamen enlace co Camiño Primitivo. A cultura Castrexa, a representatividade do Románico en gran parte das suas igrexias, Vilar de Donas como valor salientable, O castelo de Pambre, é gran múmero de Pazos existentes na Comarca, conforman o seu valor histórico é cultural. A conca do Ulla é do Ferreira, que verten entre a serra do Careón o Farelo, conforman unha paisaxe de baixa montaña con abundantes, aínda, carballeiras é soutos de castiñeiros, mención especial as torrentes do ulla, pola sua singularidad, orográfica é da sua vexetación.
video da Deputación Provincial.
Etiquetas:
A Ulloa,
Antas de Ulla,
castelo de pambre,
Monterroso,
Palas de Rei
jueves, 10 de marzo de 2011
antroido 2011
O pasado martes, participamos no Antroido en Palas. Unha das nosas prioridades como Asociación é participar en todos os actos culturais da Comarca, con máis razón nas festas do Antroido, tan vencellado a tradicións, superticions e medos, expresión no noso Ser Galego.
Etiquetas:
antroido,
cabaleiros da ulloa,
Cabalos,
Palas de Rei
miércoles, 9 de marzo de 2011
ruteando
Cando podemos de fin de semana, saimos a rutear, medio día ou día enteiro. Facemos para non pisar asfalto, e gozamos fundamentalmente trotar por corredoiras e carreiros no monte. Este carreiro entre carballos e bidueiros é un bon exemplo. Dentro das nosas intencións, está a de limpar é manter abertos, aqueles camiños que por non uso, agora son intransitables.
Etiquetas:
A Ulloa,
Cabalos,
Palas de Rei,
ruta a cabalo
Traxe de Gala
Con motivo das pasadas festas de Carnaval, sendo o noso interese, participar nas actividades da Comarca da Ulla, sacamos a airear as nosas capas, aproveitando para facer unhas fotos.
Etiquetas:
A Ulloa,
cabaleiros da ulloa,
Cabalos,
Palas de Rei,
ruta a cabalo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)