lunes, 21 de marzo de 2011

ruta domingo 20 de marzo

Aproveitando un fin de semana con un tempo fantástico, o domingo xuntamonos as 11'00 horas en Vilar de Donas, e saimos os habituales, con rumbo a Portos, A casanova, ligonde, a partires de ahí, andivemos por camiños que para nos eran novos, na zona da forestal de ligonde en dirección O marco, onde xantamos. A volta viñemos a Ximonde, nesta aldea collemos un camiño que impresionaba, parecía que eramos os primeiros que pasabamos por el nos últimos 50 anos, é pese a todo, estaba transitable. Unha ledicia. Saimos a Portos, a Vilar de Donas, é cada un para a sua cada. O domingo acabouso. subo unhas fotos, en honor a Damián, que facía tempo que non se deixaba ver.





martes, 15 de marzo de 2011

video da Ulloa

video da ulloa,( Palas de Rei, Antas de Ulla é Monterroso) unha das comarcas do interior da provincia de Lugo, lindante coas provincias de Coruña e Pontevedra,  coñecida por a sua actividade gandeira, a sua producción láctea, é por ser parte importante do Camiño Frances, así como tamen enlace co Camiño Primitivo. A cultura Castrexa, a representatividade do Románico en gran parte das suas igrexias, Vilar de Donas como valor salientable, O castelo de Pambre, é gran múmero de Pazos existentes na Comarca, conforman o seu valor histórico é cultural. A conca do Ulla é do Ferreira, que verten entre a serra do Careón o Farelo, conforman unha paisaxe de baixa montaña con abundantes, aínda, carballeiras é soutos de castiñeiros, mención especial as torrentes do ulla, pola sua singularidad, orográfica é da sua vexetación.
video da Deputación Provincial.

jueves, 10 de marzo de 2011

antroido 2011

O pasado martes, participamos no Antroido en Palas. Unha das nosas prioridades como Asociación é participar en todos os actos culturais da Comarca, con máis razón nas festas do Antroido, tan vencellado a tradicións, superticions e medos, expresión no noso Ser Galego.












miércoles, 9 de marzo de 2011

ruteando

Cando podemos de fin de semana, saimos a rutear, medio día ou día enteiro. Facemos para non pisar asfalto, e gozamos fundamentalmente trotar por corredoiras e carreiros no monte. Este carreiro entre carballos e bidueiros é un bon exemplo. Dentro das nosas intencións, está a de limpar é manter abertos, aqueles camiños que por non uso, agora son intransitables.










Traxe de Gala


 Con motivo das pasadas festas de Carnaval, sendo o noso interese, participar nas actividades da Comarca da Ulla, sacamos a airear as nosas capas, aproveitando para facer unhas fotos.